O centro In.fórmate Monforte – Centro de Estudos Pondal mantén aberto o prazo de incorporación para aquelas persoas interesadas en completar módulos pendentes do certificado profesional IFCT0209 Sistemas Microinformáticos, unha formación xa iniciada á que aínda é posible incorporarse nos módulos dispoñibles.
Esta acción formativa está dirixida principalmente a persoas traballadoras desempregadas inscritas como demandantes de emprego, aínda que tamén poderá participar poboación ocupada.
Se che interesa o ámbito da informática e das novas tecnoloxías, este curso permitirache adquirir os coñecementos e competencias necesarias para instalar, configurar e manter sistemas microinformáticos, así como prestar soporte técnico ás persoas usuarias en contornos profesionais.
Trátase dunha formación 100% presencial e totalmente gratuíta, que permite obter un Certificado Profesional oficial de Nivel 2, cunha combinación de formación práctica e período de prácticas en empresa.
O alumnado participante poderá ter dereito a percibir bolsas por desprazamento e outros conceptos, dependendo da súa situación persoal.
A formación está subvencionada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
IFCT0209 Sistemas Microinformáticos
Características principais
Duración do curso
A formación desenvolverase do 20 de abril ao 2 de decembro de 2026, cunha duración total de 678 horas, distribuídas do seguinte xeito:
Que aprenderás?
Ao longo do curso adquirirás competencias para:
Contidos formativos
Durante o curso traballarás aspectos como:
Saídas profesionais
Esta formación capacítate para desempeñar postos como:
Requisitos de acceso
Para acceder a esta formación é necesario cumprir algún dos seguintes requisitos académicos:
Onde podes realizalo?
In.fórmate Monforte – Centro de Estudos Pondal
Rúa Ourense, 121, baixo
666 023 179
afdmonforte@informateoposiciones.es
Como inscribirte
Se estás interesado/a en participar neste curso gratuíto e aproveitar a oportunidade de incorporarte aos módulos pendentes, podes contactar co centro para recibir máis información e formalizar a túa inscrición.
Fórmate para traballar no sector tecnolóxico
Os perfís relacionados coa informática e o soporte técnico continúan a ser dos máis demandados por empresas e organizacións. Este certificado profesional permitirache adquirir unha cualificación oficial e competencias prácticas que facilitarán a túa incorporación ao mercado laboral.
As prazas son limitadas. Aínda estás a tempo de incorporarte!
En In.fórmate acompañámoste no teu camiño cara á formación e ao emprego.